domingo, 24 de setembro de 2017

CAMBIO DE ESPAZO

Co fin de centrar as publicacións na páxina oficial do colexio, todo o contido do EDLG irase publicando a partir de agora na sección Lingua galega da mesma. Preme aquí para acceder.

xoves, 29 de xuño de 2017

DICIONARIO VISUAL

Acó vos achegamos una recompilación do noso dicionario visual, traballo realizado entre todo o alumnado do centro, agardamos que vos animedes a seguir completándoo!!




xoves, 18 de maio de 2017

QUEBRACABEZAS URBANO LUGRÍS

Dentro das nosas actividades levamos tres anos facendo unha que chamamos "Os nosos artistas. Espallando arte con denominación de orixe galega"
Este ano escollemos a Urbano Lugrís, artista nado na nosa cidade no 1908. Por sorte, contamos cunha exposición del na sede Afundación da Coruña, a cal xa tiveron a sorte de ir visitar algúnhas das nosas alumnas e alumnos. Para os e as que queran ir visita coas súas familias, aquí vos deixamos máis información para poder asistir Lugrís, paredes soñadas. A entrada é de balde e estará alí ata o 3 de setembro, bulide!

Aquí vos deixamos o noso quebracabezas feito por todo o centro escolar, que bonitiño nos quedou!


mércores, 17 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Hoxe é un día moi especial para as nosas letras, no CEIP Raquel Camacho levamos uns días facendo actividades en prol da nosa lingua: sesión de monicreques, actividades sobre a vida e obra de Carlos Casares, celebración do propio día... e aínda nos queda algunha actividade máis que temos preparada.
Pouco a pouco iremos pendurando anaquiños destas actividades.



Onte xuntámonos todos ao redor do noso Maio, escoitamos o himno mentras nos colocabamos e despois escoitamos a dúas alumnas de 3º contarnos algo sobre a vida de Carlos Casares, a súa obra e os seus valores; grazas a Xiana e a Olga aprendemos un pouquiño máis sobre este marabilloso escritor, ademáis...que ben o fixeron!!!









                                                                                                                                                                                                                             


As e os alumnos de terceiro tamén crearon unha canción moi divertida "A fin de semana", que escoitamos e bailamos xunto cos e coas creadoras da mesma. Grazas tamén a vós.

Para ver algunha das actividades que dende a biblioteca se levaron a cabo, podedes premer no seguinte vídeo.


                                           


Para saber máis das actividades sobre Carlos Casares facilitamos o enderezo da súa fundación Fundación Carlos Casares.

Feliz día da nosa cultura e do noso idioma a toda a comunidade educativa e a toda Galiza!!



martes, 16 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Hoxe, no CEIP Raquel Camacho, adicaremos o día a Carlos Casares.

Así comezamos o día!!







xoves, 11 de maio de 2017

Como ben sabemos, este ano o "Día das Letras Galegas" adícase a Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense aló polo 1941. Carlos publicou libros moi interesantes e divertidos para os máis pícaros, polo que bulide na procura deses libros que con tanto agarimo se atopan nun recuncho da nosa biblioteca.
Lembrade tamén que nos vasiños podedes poñer algún anaco escrito da súa obra ou ler anaquiños que outras compañeiras e compañeiros teñan deixado xa.


Facilitámosvos recursos para traballar con este gran escritor nos seguintes enlaces material aportado polo Portal da Linguainformación do noso concello e algún xogo interactivo!! Lim_Carlos Casares.

Lembrade que na nosa contorna tamén hai moitas actividades que se levarán a cabo contando coa presenza e colaboración das librarías, bibliotecas e outros axentes culturais vencellados ao libro. Para que non vos perdades ningunha actividade...aí vos vai a programación.
Anaquiños de versos de Carlos Casares.
Folleto Día das Letras. Coruña.

Como podedes ver, xa faltan moitos libros,
xa que estamos a traballar con eles.
                                                                   


xoves, 23 de febreiro de 2017

#RosalíaTe


Aí vos vai a celebración do noso Día de Rosalía de Castro 2017.
Agardamos que vos guste!!


mércores, 22 de febreiro de 2017

MANDADIÑO PARA O XOVES

Aí imos co seguinte mandadiño do Meco, esta vez feito dende a escola e na lembranza de Rosalía de Castro. O día 24 de febreiro é o Día de Rosalía, como xa vos informamos, mañá día 23 levaremos unha CARAUTA de Rosalía, faremos uns retratos das nosas aulas e...o día 24 colgarémolo no blogue co lema #RosalíaTe.


 

martes, 21 de febreiro de 2017

MANDADIÑO DO MECO PARA O MÉRCORES

O Meco coas súas falcatruadas volta cunha nova orde, así que para o teu PESCOZO adornar algo divertido o mércores traerás. Agardamos vervos a todas e todos con gravatas, lazos, fitas ou panos no pescozo, a ver quen é o máis fermosoooo!



Mirade que guapiñas e guapiños ían os pícariños da nosa escola esta mañá, vaia entroidada!!!
Cantas ganiñas de que chegue o venres, o día grande na festa do Entroido no noso cole, na que grandes tribos africanas veremos.


luns, 20 de febreiro de 2017

#RosalíaTe

Preparándonos para o día de Rosalía de Castro, ide rematando as vosas carautas para Rosaliarnos co lema deste ano #RosalíaTe. 
Podedes consultar máis información premendo AQUÍ




Lembrámosvos que o día 24 de febreiro farase unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro na Biblioteca Munucipal ÁGORA ás 19:00.



 

O Día de Rosalía agasalla un libro en galego e unha flor.